As empresas que formamos parte da Asociación Española de Distribuidores, Autoservizos e Supermercados, ASEDAS, mostramos o noso compromiso -un ano máis- coa sociedade, e este ano dedicamos a nosa gala anual a recoñecer o labor que realizan diferentes colectivos sociais e que se ejemplarizaron a través de 19 proxectos que van desde a axuda alimentaria, á educación, ciencia e integración.
No transcurso da Gala ASEDAS 2026, desenvolvida baixo o lema “Un labor extraordinario”, as distintas cadeas de supermercados recoñecemos a estas entidades coas que colaboramos diariamente e que crean un impacto real na vida de moitas persoas.
No caso da nosa empresa, Froiz, puxemos en valor o labor de inclusión social que realizan a Asociación e a Fundación Xoán XXIII de Pontevedra. Estas dúas organizacións dedícanse desde hai máis de 55 anos á formación e promoción integral das persoas con discapacidade intelectual. Ofrécenlles os apoios necesarios para mellorar a súa calidade de vida, e a das súas familias a través dun centro educativo, un centro de día terapéutico, unha residencia e distintos talleres ocupacionais (xardinería, viveiro, estampaxe, …) enfocados a conseguir un emprego real e de calidade. Os seus directores, Nuria Luque e Diego Chapela acompañáronnos a recoller este galardón.
A gala contou coa presenza de Elma Saiz, Ministra de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, e co presidente de ASEDAS Josep Antoni Duran i Lleida. Recalcouse o compromiso social de todas as empresas que conformamos ASEDAS e a colaboración conxunta con máis de 1.000 entidades nacionais que axudan a crear unha infraestrutura social de primeira orde que achega emprego, educación e confianza en contornas de proximidade.




