Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad

ASEDAS premia o labor e o compromiso de Froiz co deporte

A Asociación Española de Distribuidores, Autoservizos e Supermercados, ASEDAS, rendeu homenaxe á empresas de distribución alimentaria -como é o caso de Froiz- polo seu compromiso e labor no fomento e apoio ao deporte como disciplina que, tanto na práctica profesional como amateur, difunde valores moi importantes para a sociedade e o mundo da empresa.

Baixo o lema “DarloTodo”, a cerimonia celebrouse na sede do Comité Olímpico Español, en Madrid, e centrouse en premiar os valores compartidos entre o mundo deportivo e o empresarial. A empresa Froiz foi recoñecida polo seu labor ininterrompido de apoio ao ciclismo amateur, tanto de estrada como ciclocrós, durante 37 anos. Evaristo Portela, director técnico de ciclismo estrada, e Ana Portela, directora técnica de ciclocrós, recolleron este galardón e puxeron en valor o labor do Grupo deportivo Súper Froiz, que é canteira de mozos deportistas que dan o salto ao ciclismo profesional e ten o récord de liderar durante 8 anos a clasificación nacional de ciclismo amateur na categoría elite sub-23 durante os anos 2008, 2009, 2010, 2011, 2012, 2013 e 2014.

No evento tamén foron galardoados outros deportistas como medallistas olímpicos e paralímpicos, representantes de distintos deportes de equipo, e amateur que encarnan, segundo a organización, a diversidade do deporte español e valores como o esforzo, a superación, a igualdade, a eficiencia e a innovación. Valores que tamén compartimos as empresas de distribución alimentaria como Froiz.

COMPARTIR

Subscríbete as nosas novidades e ofertas