Mozos deportistas que forman parte do equipo titular do Club de fútbol sala feminino Poio Pescamar visitaron as instalacións centrais de Froiz para entregar a medalla de prata da Super Copa de España que lograron conquistar neste ano 2024. O equipo fixo unha moi boa tempada deportiva porque ademais de ser as subcampioas de España nesta disciplina, gañaron a Copa Galicia e foron semifinalistas no campionato de liga.
A empresa Froiz, dentro do seu apoio ao deporte, colabora con este equipo feminino apoiando todas as categorías desde a base ata o equipo titular que compoñen este club fundado no ano 1997 na localidade pontevedresa de Combarro (Poio).