Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad

Alumnos da FP Dual de Galicia contan como é a súa experiencia en Froiz

O compromiso da empresa Froiz coa formación e o emprego de calidade dos profesionais da alimentación materialízase na colaboración coa Formación Profesional Dual de Galicia no grao de Comercialización de produtos alimentarios. Grazas a este grao formativo, os alumnos ademais de recibir clases teóricas poden realizar períodos de prácticas reais e remuneradas en distintos establecementos Froiz.


Presentámosvos a Diana, Alejandro e Alba, estudantes deste ciclo que nos contan como é o traballo diario nun supermercado Froiz e como é o oficio nas seccións de frescos: carnicería, charcutería, peixaría, frutería, e panadería; ademais, de caixa e reposición. Son os profesionais Froiz, titulares destas seccións, os que dedican parte da súa xornada laboral a formar a estes novos alumnos. Aprenden a parte teórica e práctica en contidos como rastrexabilidade, cadea de frío, seguridade alimentaria, manipulación de alimentos, datas de caducidade e reposición, cortes e fileteados, xestión do punto de venda, servizo e atención ao cliente.


O obxectivo é que os alumnos aprendan e coñezan directamente o sector no que van traballar. Un novo ciclo formativo no mercado laboral que vén dar formación específica a estes futuros profesionais da alimentación.

COMPARTIR

Subscríbete as nosas novidades e ofertas