Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad
22

Abrimos na localidade coruñesa de Arteixo

A localidade coruñesa de Arteixo acolle a apertura dun novo supermercado Froiz que ofrece calidade, bos prezos e unha ampla variedade en produtos frescos, de tempada, marcas líderes e produto Froiz. Incorpora como novidade unha sección de pratos preparados e café. Nela, o cliente atopará diariamente comida caseira que pode levar ou degustar no propio local. Os profesionais Froiz son os que elaboran diariamente os pratos que se poñen á venda. Conta tamén con servizo de café e refrescos para levar ou tomar.

Trátase dunha nave cunha superficie comercial de 1.449 metros cadrados e aparcadoiro gratuíto para clientes con capacidade para 40 prazas de aparcamento e punto de recarga de coches eléctricos. Este supermercado ofrece unhas instalacións cómodas e modernas, tanto para traballadores como clientes, e un equipamento máis eficiente que unha tenda convencional. As súas instalacións son sostibles. Na cuberta instaláronse 657 metros cadrados de paneis solares e todo o frio industrial é con CO2.

Conta coas seccións de frescos de venda asistida tradicional: carnicería, charcutería, frutería e peixaría, ademais das seccións dedicadas a alimentación xeral, adega, droguería, refrixerados e conxelados. Dispón de máquina de zume de laranxa recentemente espremido, publicidade dinámica a través de pantallas Led, servizo a domicilio, compra en liña e caixas rápidas.

Con este novo establecemento Froiz creáronse 48 novos postos de traballo na zona. O seu horario é continuo de luns a sábado.

✔️1.499 metros cadrados de superficie comercial
✔️Pratos preparados e cafetería
✔️Servizo a domicilio
✔️Compra en liña
✔️Parking para clientes
✔️Cargadores eléctricos
✔️Amplo surtido en frescos, marcas líderes e marca Froiz

#Froiz, calidade, servizo e atención.

COMPARTIR

Subscríbete as nosas novidades e ofertas