A empresa foi recoñecida nos I Premios Acción polo Clima de Galicia polo noso sistema de loxística inversa, que nos permitiu acreditar que, no ano 2025, case o 100% -en concreto o 99,31%- dos residuos xerados nos distintos establecementos Froiz e devoltos mediante loxística inversa ás plataformas centrais de Lourido, son reciclados ou valorizados, evitando consecuentemente que terminen na entulleira. Isto valeunos para conseguir por 3º ano consecutivo o selo medioambiental “De Residuos a Recursos: Zero a entulleira” outorgada pola empresa Saica Natur e avalado pola certificadora multinacional alemá TÜV SÜD.
A Alianza Galega polo Clima, iniciativa da Xunta de Galicia, cuxo obxectivo é promover accións fronte ao cambio climático e conseguir a neutralidade climática en 2040 na comunidade autónoma, resaltou á empresa Froiz por estes resultados xa que “demostran que as grandes empresas poden liderar valorizando practicamente o 100% dos seus residuos”.
No acto, o Director xeneral do Grupo, José Froiz, e a directora de Calidade e Sustentabilidade, Ana López, recolleron o galardón de mans da conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático. Ademais, neste contexto, a Xunta presentou o primeiro Catálogo de Boas prácticas en Acción Climática da Alianza Galega polo Clima para expoñer o traballo das entidades galegas máis comprometidas neste ámbito.
Neste documento ponse en valor o traballo de Froiz e as medidas de sustentabilidade implementadas en todas as áreas do negocio, dirixidas principalmente á redución e o reaprovechamiento dos residuos que xeramos nos ámbitos de loxística, comercial, aprovisionamento, reposición e venda.
A empresa, ademais, mantén unha política activa de sensibilización e concienciación de todos os traballadores sobre a importancia da reciclaxe de residuos e a reutilización de materiais.




