Froiz colabora un ano máis coa novena edición de “Novos Cinemas”, o Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, que se celebra en decembro. O seu programa, ademais de cinema emerxente e varias estreas nacionais e internacionais, inclúe sempre algunha retrospectiva dun cineasta.
Esta novena edición presenta uns números que confirman a súa consolidación no panorama cinematográfico: 39 obras audiovisuais en total, 9 estreas mundiais, 2 estreas internacionais, 10 estreas en España e 12 estreas en Galicia.
Ademais, reafirma a súa vocación internacional con producións procedentes de diversos países, incluíndo España, Portugal, Venezuela, Canadá, Arxentina, Francia, Suecia, Chile e Honduras, entre outros. Esta cita mantén o seu compromiso coa formación e o desenvolvemento de novos talentos a través de talleres e actividades paralelas, consolidándose como unha plataforma para o impulso do cinema emerxente en Galicia e a súa proxección internacional.