Recibimos a visita de Marta Villaverde, conselleira do Mar da Xunta de Galicia , para poñer en valor o traballo que realizamos supermercados, como Froiz, coa venda e exposición directa de peixe e marisco fresco procedente das principais galegas.
A conselleira puxo en valor tamén a promoción Bono Peixe activada por parte da Xunta que busca animar ao consumidor galego a comprar e consumir estes produtos frescos. Nel participamos todos os establecementos Froiz de Galicia que contan con sección de peixaría, ademais de mercados de abastos e peixarías locais. Para poder obtelos, o cliente debe rexistrarse na web habilitada pola Xunta e descargar os bonos. O desconto é directo e realízase no momento do pago en caixa.
En Froiz, a variedade de produtos frescos locais, de proximidade e producidos a nivel rexional, sempre foi un dos nosos compromisos. Así, o peixe e o marisco máis fresco distribúese diariamente desde as principais lonxas de Galicia a todos os centros Froiz de España e Portugal, ofrecendo produtos con certificacións como “Peixarías” e “Crianza Mares e Ríos de España”…
Ademais, adaptámonos á necesidade e realidade persoal e/o familiar dos clientes, xa que vendemos produtos por unidades, e por tanto, somos os clientes os que deciden a cantidade que realmente necesitan (3 toros, 2 filetes, 1 limón…), sen necesidade de adquirir máis unidades. Poñemos en valor o que entendemos como unha variedade ampla, óptimo e eficiente onde é o CLIENTE quen decide que comprar, como e canto.




