Desde hoxe, todos os clientes dos establecementos Froiz de Galicia xa poden beneficiarse do desconto activado pola Xunta de Galicia para as compras de peixe e marisco fresco. O obxectivo é animar á compra e o consumo destes produtos frescos no verán. O bono desconto é por un importe total de 50 euros, un saldo ao que se lle irá descontando os descontos do 25% de cada compra. Para poder obtelos, o cliente debe rexistrarse na web habilitada pola Xunta e descargar os bonos.
Está previsto que este programa estea en vigor unhas 10 semanas e nel participamos todos os establecementos Froiz de Galicia que contan con sección de peixaría, ademais de mercados de abastos e peixarías locais.
O desconto é directo e realízase no momento do pago en caixa. Más info aquí: https://bonopeixe.gal/




