Por segundo ano consecutivo a empresa Froiz colaborou co Certame que organiza o Concello de Poio (Pontevedra) TapeaPoio cuxo obxectivo é dinamizar o sector da restauración desta localidade e que os seus habitantes e visitantes redescubren os locais de hostalería local a través das súas propostas gastronómicas en formato tapa.
Durante o evento entregáronse os galardóns do público e do xurado aos establecementos gañadores, así como máis de corenta premios sorteados entre as persoas que degustaron e valoraron as distintas tapas. O obxectivo é recoñecer o talento e o esforzo dos 20 establecementos participantes, os cales presentaron un total de 24 propostas gastronómicas, ademais da implicación de veciños e visitantes que degustaron máis de 5.000 tapas entre o 2 e o 18 de maio de 2025.
O xurado estivo formado polos chefs con Estrela Michelín Xosé Cannas (Restaurante Pepe Vieira) e Pepe Solla (Restaurante Casa Solla), a empresaria e consultora gastronómica Marga Pazos (Salmoira) e o influencer culinario e de viaxes Alberto Rivas (Alvientoo).
Esta segunda edición de TapeaPoio converteuse nunha auténtica festa para honrar ao sector turístico e gastronómico local, e reivindicar o seu papel como un dos grandes referentes culinarios das Rías Baixas.







