Desde hoxe, Froiz forma parte da Alianza Galega polo Clima, entidade da Xunta de Galicia, cuxo obxectivo é promover acciones fronte ao cambio climático de todos os estamentos da sociedade galega. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia, Ángeles Vázquez, e o director xeral do Grupo Froiz, José Froiz Prieto, asinaron o protocolo de adhesión da empresa a esta iniciativa ambiental. Con esta incorporación, Froiz convértese na empresa número 200 da comunidade galega en formar parte desta alianza, cuxo obxectivo é conseguir a neutralidade climática en 2040.
Ángeles Vázquez, visitou as plataformas loxísticas centrais da empresa en Lourido (Poio) e estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, e pola directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría, tamén estiveron presentes o alcalde da localidade, e varios directivos da empresa. Precisamente, estas instalacións contan co selo ambiental “De Residuos a Recursos: Zero ao vertedoiro” outorgada pola empresa Saica Natur. Esta certificación acredita que case o 98% dos residuos xerados son valorizados.
Desde Froiz cremos no desenvolvemento sostible do negocio e na necesidade de reducir a pegada de carbono e o impacto ambiental da nosa actividade. Neste sentido, préstase especial atención a esta cuestión desde un triplo punto de vista: económico, social e ambiental e ás medidas de sustentabilidade implementadas en todas as áreas do negocio da empresa acorde a estes indicadores: eficiencia enerxética, valorización de residuos, material reciclado en envases, envases terciarios, desperdicio alimentario, e loxística sostible.
- Reciclamos máis de 6.500 toneladas de residuos ao ano.
- Contamos cun modelo loxístico baseado no sistema Pool de pallets: Chep, LPR, IPP e PLS que supoñen o 80% cunha rotación media de 5,6 veces por ano.
- Eficiencia enerxética en establecementos e plataformas loxísticas: 6.420 metros cadrados de paneis solares, iluminación led e sensores de presenza, centrais de frío máis eficientes, mobiliario con peche de portas, cortinas de aire, sistema de recuperación de calor, …
- Envases máis sostibles: na liña de caixas utilización de bolsas 80% material reciclado, de papel certificado FSC, e algodón canvas, uso de bolsas compostables nas seccións de frescos, en panadería substitución de bandexas de plástico dun só uso por cartón 100% reciclaxe e selo FSC, eliminación de plásticos dun só uso, ticket electrónico para traballadores e clientes en liña.
- Envases marca Froiz xa incorporan os pictos de reciclaxe de Ecoembes e contan con porcentaxe de material reciclado.
- Loxística sostible: optimización das rutas de repartición, loxística inversa, aproveitamento retornos, modernización da frota, vehículos Euro VI máis eficientes e de menor consumo, furgonetas eléctricas para repartición de pedidos, cargadores eléctricos
- Desperdicio alimentario: participamos no plan nacional de AECOC contra o Desperdicio alimentario, que busca reducir o desperdicio de alimentos en toda a cadea alimentaria, venda de produtos frescos de quilómetro cero ao dispor do cliente en tan só 24-48 horas, venda de produtos por unidades, o que facilita que o cliente compre a cantidade que realmente necesita (3 toros, 2 filetes, 1 limón…), sen necesidade de adquirir máis unidades, promoción 50% produtos aptos para o consumo e próximos caducar, doazóns a entidades sociais e xestión de SANDACH.
Máis información aquí.





