Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad

O equipo de ciclocrós Súper Froiz arrinca o ano con varios éxitos

O Grupo Deportivo Súper Froiz de ciclocrós arrincou o ano 2025 coa vitoria do Campionato de España de Ciclocrós. O corredor Miguel Rodríguez foi un dos grandes protagonistas da última xornada do campionato, ao dominar con moita autoridade a carreira de categoría sub-23. Rodríguez xa fora medalla de bronce en 2022 e prata en 2023. Na proba feminina Aroa Otero conseguiu o mellor resultado galego ao ser a quinta mellor sub-23 e novena na xeral, a pesar de non ter o seu mellor día.

Ademais, pechou o 2024 con destacadas actuacións nas últimas competicións. Nas recentes Copas de Galicia, Aroa Otero demostrou a súa supremacía ao conseguir a vitoria na categoría sub23-elite en ambas as probas. Pola súa banda, en elite feminina, Chus Barros logrou subir ao podio cun terceiro posto. Na Copa de España, o corredor Miguel Rodríguez finalizou no terceiro posto da xeral a só 5 segundos do vencedor e como mellor corredor sub-23. Pola súa banda Aroa Otero fíxose co segundo posto na clasificación final da Copa de España sub-23. E Raúl Mira, ao que unha avaría mecánica relegoulle ao noveno posto, obtivo o premio ao mellor Sub-23 na clasificación xeral da Copa de España. Gonzalo Iguanzo foi quinto.

COMPARTIR

Subscríbete as nosas novidades e ofertas