Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad

Novo supermercado Froiz na localidade de Lalín (Pontevedra)

O novo supermercado Froiz da localidade pontevedresa de Lalín abriu as súas portas na céntrica rúa comercial: Joaquín Loriga, nº 18-20-22. O centro conta con 650 metros cadrados de superficie comercial e dúas entradas, unha situada na rúa Joaquín Loriga, nº 22 e outra con acceso desde Rosalía de Castro, número 9. O supermercado ofrece unhas instalacións cómodas e modernas para traballadores e clientes.
Dispón de todas as seccións de frescos de venda asistida tradicional: carnicería, charcutería, frutería e peixaría, ademais das seccións dedicadas a alimentación xeral, adega, droguería, panadería, refrixerados e conxelados. Conta cunha ampla variedade de produtos frescos, marcas líderes e produto Froiz. Inclúe publicidade dinámica a través de pantallas Led, servizo a domicilio e compra en liña. As súas instalacións son eco-eficientes. Todos os materiais empregados no acondicionamento, a iluminación e a climatización conseguen un consumo enerxético inferior a unha tenda convencional, mellorando a experiencia de compra para os clientes e os espazos de traballo para os traballadores.

Con este novo supermercado Froiz creáronse novos postos de traballo na localidade de Lalín, xa que o centro conta cun persoal de 30 profesionais da alimentación. O seu horario é continuo de 9:00 a 21:30h.

✔️Horario continuo
✔️Servizo a domicilio
✔️Publicidade dinámica
✔️Amplio surtido en marcas líderes, frescos y marca Froiz

#Froiz, calidade, servizo e atención.

COMPARTIR

Subscríbete as nosas novidades e ofertas