Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad

Cruz Vermella recoñece o compromiso de Froiz co seu programa de emprego

A empresa Froiz foi recoñecida por Cruz Vermella pola súa colaboración, ano tras ano, no seu programa de emprego. A empresa colabora con esta entidade nos diferentes programas de aprendizaxe e emprego que teñen activos co obxectivo de achegar o mercado laboral ás persoas que o teñen máis difícil, mellorando a súa empregabilidade a través do reforzo de competencias profesionais, potenciando as súas posibilidades de acceder a un posto de traballo e promovendo a igualdade de oportunidades e de trato no emprego.

Neste contexto, a empresa Froiz foi distinguida polo seu compromiso con este programa que ofrece a posibilidade de realizar prácticas nos distintos establecementos Froiz e aprender unha profesión.
Fórmaselles no traballo diario do sector alimentación e en como é o oficio en postos de atención ao cliente, de loxística ou reposición.

COMPARTIR

Subscríbete as nosas novidades e ofertas