Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad

Reapertura do supermercado Froiz (C.C. Praza Elíptica) na cidade de Vigo

O supermercado Froiz situado en Vigo no centro comercial Praza Elíptica (Praza Francisco Fernández del Riego) reformouse integralmente e agora conta con maior superficie comercial. Este supermercado ofrece unhas instalacións máis cómodas e modernas, tanto para traballadores como clientes e, como novidade, incorpora unha sección de pratos preparados e café. Nela, o cliente atopará diariamente comida caseira que pode levar ou degustar no propio local. Os profesionais Froiz son os que elaboran diariamente os pratos que se poñen á venda. Utilizan ingredientes de primeira calidade, e a oferta vai dende entrantes como a tradicional tortilla, croquetas ou ensalada rusa… a arroces, pasta e, por suposto, o tradicional polo asado. Tamén conta con servizo de café e refrescos para levar ou tomar.

O supermercado dispón de 1.300 metros cadrados de superficie comercial e ofrece maior variedade en produtos frescos, marcas líderes e produto Froiz.

Conta coas seccións de frescos de venda asistida tradicional: carnicería, charcutería, frutería e peixaría, ademais das seccións dedicadas a alimentación xeral, adega, droguería, refrixerados e conxelados. Dispón de máquina de zume de laranxa e máquina cortadora de pan. Inclúe publicidade dinámica a través de pantallas Led, servizo a domicilio, compra en liña e aparcamento gratuíto para clientes no propio centro comercial.

O seu horario é continuo de luns a sábado.

✔️1.300 metros cadrados de superficie comercial
✔️Pratos preparados
✔️Servizo a domicilio
✔️Compra en liña
✔️Aparcadoiro para clientes
✔️Máquina de zume de laranxa e cortadora de pan
✔️Amplo en variedade en frescos, marcas líderes e marca Froiz

#Froiz, calidade, servizo e atención.

COMPARTIR

Subscríbete as nosas novidades e ofertas