Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad

O 100% da carne fresca de pito, coello e pavo ten certificación Welfair® de Benestar Animal

O 100% da  carne  fresca de pito, coello e pavo que comercializa Froiz -nas súas carnicerías de venda asistida -conta coa Certificación Welfair®  de Benestar Animal. No caso do vacún, é  carne con IGP 100% Tenreira Galega e selo “Benestar Animal”.

A certificación Welfair® está baseada nos protocolos europeos Welfare Quality® e AWIN® que achegan unha maior transparencia e información, así como garanten que estes produtos proveñen de animais criados en granxas sometidas a un seguimento de benestar animal. Este ten en conta catro principios básicos:
1. unha boa alimentación
2. un bo estado de saúde
3. un aloxamento adecuado
4. un comportamento idóneo segundo as características de cada especie

Nos últimos anos, o cliente demanda cada vez máis produtos elaborados baixo criterios éticos e de desenvolvemento sostible. Con este selo de  Bienestar Animal  Welfair® garántense que as condicións nas que viven os animais de granxa son óptimas para unha vida sen sufrimento nin estrés. A concesión deste selo realízase aos diversos produtos certificados, non ao establecemento que os comercializa.
Neste sentido, en todos os centros Froiz  (supermercados, hipermercados e cash&carry) de España, o cliente ten á súa disposición unha ampla variedade en produtos de marcas líderes certificados e tamén de marca Froiz. Destacan os leites  da nosa marca que incorporan o selo de  Benestar Animal  Welfair®  e os ovos de marca Froiz  que son  libres de gaiolas ,orixe nacional   e cumpren os requisitos de Benestar Animal.  Non vendemos ovos frescos de categoría 3 (engaioladas).

Ademais, os preembalados cárnicos de porco marca Froiz que elabora Coren (a maior cooperativa cárnica de España en avicultura, porcino e vacún) incorporan no packaging dous selos de Benestar Animal. Son o Welfair®  e o IAWS (“INTERPORC ANIMAL WELFARE SPAIN”) (Interprofesional do Porcino de capa branca).

E na sección de charcutería, tamén estamos traballando  para  ter máis produtos con certificación  Welfair®  tanto en libre servizo como ao corte. É o caso das pezas de  xamóns cocidos marca Froiz de venda asistida-que elabora Grupo Tello Alimentación-  contan co selo de Interporc Animal Wellfare Spain (IAWS), e os loncheados e centro de xamón serrano Froiz que envasa o Grupo Coren, tamén.

COMPARTIR

Subscríbete as nosas novidades e ofertas