Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad

Froiz colabora co xornal local “Diario de Pontevedra” no seu 135 aniversario

A cabeceira “Diario de Pontevedra” celebra este ano o seu 135 aniversario. E con tal motivo organizou varios eventos. Un deles é unha exposición itinerante, a pé de rúa, composta por 30 paneis nos que se poden ver portadas históricas do xornal ao longo de toda a súa vida empresarial e informativa. A empresa Froiz colabora con esta exposición que mostra aos veciños e lectores a historia política, social, económica, cultural e deportiva do país e da cidade de Pontevedra e a súa comarca. Tras o seu paso por aquí, a exposición expoñerase nas localidades pontevedresas limítrofes como Marín, O Grove, Sanxenxo e Caldas de Reis.

Este xornal foi fundado en 1889 e deixou de imprimirse ao finalizar a Guerra Civil, en 1939. Volveu saír á rúa 24 anos despois, en 1964. E converteuse en cooperativa de traballadores en 1968 e desde 1999 pertence ao Grupo O Progreso de Lugo.

A empresa Froiz -nos seus 56 anos de traxectoria empresarial- tamén foi partícipe da historia deste xornal. Os primeiros anuncios comerciais de ofertas publicáronse no nadal dos anos 1970 e 1971; a partir de aí foi e é frecuente a presenza da marca Froiz na súa páxinas de papel e desde hai uns anos tamén na súa versión dixital.

Más info aquí.

COMPARTIR

Subscríbete as nosas novidades e ofertas