O Grupo Deportivo Súper Froiz presentou a nova tempada deportiva dos seus dous equipos, o de estrada e o de ciclocrós, de ciclismo amateur formados por mozos corredores: mozos e mozas amantes deste deporte. O equipo de ciclocrós que xa leva 4 tempadas deportivas en activo, segue dirixido por Ana Portela e conta con 5 corredores: 2 mozo e 3 mozas. A escuadra de estrada está formada por 19 deportistas (10 incorporacións e 9 renovacións) cuxa idade media é de 20 anos. O corpo técnico está capitaneado, un ano máis, por Evaristo Portela.
Como en anos anteriores, o equipo disputará esta tempada probas xa clásicas -nas categorías elite e sub 23- como son a Copa de España e a tradicionais Volta a Toledo, Zamora, Galicia, o Memorial Valenciaga e as voltas a Castelló e volta a España sub-23.
O equipo ciclista Súper Froiz cumpre este ano 36 anos de andaina deportiva ininterrompida, o que o converte no equipo español de ciclismo amateur máis lonxevo da súa categoría. O acto tivo lugar na cidade de Pontevedra e contou coa presenza dos representantes políticos de distintas institucións que apoiaron un ano máis ao equipo, das marcas patrocinadoras, colaboradores e amigos do mundo do ciclismo.
Moita sorte equipo!