Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad

Ampliación e reforma do supermercado Froiz de rúa Echegaray, en Pontevedra

O supermercado Froiz de rúa Echegaray da cidade de Pontevedra, foi reformado na súa totalidade e agora conta cunha maior sala de vendas e variedade comercial. Ampliouse nuns 200 metros cadrados, e pasa a contar con 1.000 metros cadrados, distribuídos entre o locais número 18 e 19. Ademais, no número 20 sitúase un aparcadoiro para clientes con 9 prazas de aparcamento.

Con esta ampliación, o supermercado ofrece maior surtido e variedade tanto en produtos frescos como en alimentación xeral, adega, droguería, refrixerados e conxelados. Mantéñense as seccións de frescos de venda asistida: carnicería, charcutería, frutería, panadería e peixaría; cos seus correspondentes obradoiros de traballo.

Conta con publicidade dinámica a través de pantallas Led, “a súa quenda” electrónica, máquina de zume recentemente espremido e caixas rápidas. Ofrece servizo a domicilio e aparcadoiro para clientes. O seu horario é continuo de luns a sábado. Nel traballan 28 profesionais da alimentación.

✔️ Horario continuo de 9:00 a 22:00h.
✔️ Servizo a domicilio
✔️ Aparcadoiro para clientes
✔️ Publicidade dinámica
✔️ Amplia variedade en marcas líderes

#Froiz, calidade, servizo e atención.

COMPARTIR

Subscríbete as nosas novidades e ofertas