Instalacións eco-eficientes
Froiz aposta polo aforro enerxético nas súas instalacións, polo que as últimas aperturas e reformas xa incorporan innovacións en climatización e refrixeración.
Todos os materiais empregados no acondicionamento, a iluminación e a climatización de locais son eco-eficientes polo que se consegue un consumo enerxético inferior a unha tenda convencional e mellórase a experiencia de compra de clientes e os espazos de traballo de traballadores.
PORTAS
automáticas
Utilízanse tamén portas automáticas que separan a sala de venda climatizada da zona sen climatizar. Nas entradas colócanse «cortinas de aire» que fan de barreira para optimizar a climatización do local.
MOBLES
frío positivo-negativo
Mobles de frío positivo e negativo con portas que permiten manter de forma óptima a cadea de frío, sen dificultar a visibilidade e permitindo unha boa accesibilidade aos produtos.
VENTILACIÓN
Free-cooling
A climatización dos centros realízase co sistema «inverter», e a ventilación co «free-cooling», ventilación natural mecánica que aproveita o aire do exterior para axudar a conseguir a temperatura desexada no interior da tenda.
ILUMINACIÓN
Led
A iluminación vai con reactancias electrónicas e sistemas leds que desprenden menos calor e son de baixo consumo. Os rótulos exteriores incorporan células fotoeléctricas que minimizan as horas de aceso.
SENSORES
de presenza
Instálanse sensores de presenza en vestiarios e almacéns para evitar que as luces estean permanentemente acendidas.
Paneis solares
A empresa leva apostando desde hai varios anos polas enerxías renovables e o autoconsumo. Na actualidade contamos con máis de 5.230 metros cadrados de paneis solares fotovoltaicos de última xeración situados nas plataformas loxísticas de Froiz Mar, Conxelados e nun hipermercado. Estes módulos de alta eficiencia e rendemento permiten o autoconsumo e o
aforro enerxético.
Ademais, a empresa subministradora da enerxía eléctrica que consumimos en todas as instalacións e establecementos do grupo certifica que case o 40% procede de fontes renovables, o que supuxo un incremento do 8% con respecto ao ano anterior.