Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad

Cumprimento normativo

O noso código ético

Este documento é unha manifestación expresa dos criterios de conduta, principios, valores e normas que han de orientar a actuación de todas as persoas traballadoras das empresas e entidades que conforman o GRUPO FROIZ, para o desenvolvemento responsable da súa actividade, tanto nas súas relacións con outros traballadores/as, como con clientes, subministradores, administracións públicas, colaboradores externos e coa sociedade en xeral.
Por tanto, o Código agrupa unha serie de normas que se inspiran na cultura e na política do Grupo e que son de obrigado coñecemento, aplicación e cumprimento, con independencia da área de actividade ou a liña de negocio de cada persoa traballadora e pretende fomentar un comportamento ético e responsable das entidades que forman o Grupo e de todos os seus traballadores/as, previndo calquera comportamento delituoso, ilícito ou contrario ás leis ou aos estándares éticos do Grupo.

Consulta o texto completo: Código Ético España e Código Ético Portugal.

Canle de denuncias

É unha ferramenta de comunicación confidencial que o Grupo Froiz pon ao dispor das persoas traballadoras e terceiros, para informar sobre infraccións ou incumprimentos potencialmente irregulares, observados nun contexto laboral ou profesional, e que poidan supoñer un incumprimento do Código de Conduta, implicar a comisión dun delito ou dunha infracción administrativa grave ou moi grave, incluíndo aquelas materias reguladas polo dereito da Unión Europea.
A canle de denuncias non é unha ferramenta para achegar suxestións, propostas ou outro tipo de consideracións, teña en conta que para outro tipo de solicitudes ou peticións (p. ex., queixas, reclamacións de produto, portal de emprego, protección de datos,…) ten á súa disposición o noso correo electrónico: [email protected], o noso Formulario de Queixas e reclamacións: https://www.froiz.com/shop/reclamacion/index.php e/o o noso teléfono de atención ao cliente (986833030).
Pedímoslle que utilice esta Canle de Denuncias de forma consciente e responsable, evitando un uso abusivo e de mala fe. Por iso, é importante que só transmita aquela información que razoablemente sexa veraz.

Subscríbete as nosas novidades e ofertas